Sopra o vento que vén do oeste,
pra levar as augas do
rupestre.
Sopra o vento cara o leste,
pra despexalo ceo de nubes
ardentes.
Busca a imaxe do reflexo salvaxe que
enfoca a ver a nosa fauna sen
liñaxe.
Busca na árbore o paxaro un recuncho
do abstracto onde ficar
intacto.
Agóchase o escrito do lugar que o
apodera o frío
sin cesar.
sin cesar.
****************
Gaivotas branquiñas,
que andades perdidas,
ficade quietiñas na veira da ría.
Ventiño rieiro que andas alboroteiro
controla o teu ego que te empuxa sen freos.
Frío invernizo que impregna enfermizo,
conxela o momento cando o sexa
preciso.
Comentarios
Publicar un comentario