domingo, 29 de mayo de 2011

Abúrrese a nena que escoita atenta as leccións da súa mestra.

Abúrrese a idea de seguir atendendoa.


Busca a beleza fóra, na natureza.


No vóo do paxaro, na simple simpleza.


Gústalle a idea de aprender dela.


Segue a clase que parece entendela, índa que non lle chame a materia.


Atende atenta intentando entedela, pero lle chama a fiestra que mostra a imaxe da natureza.


Un ceo de nubes espesas, uns paxaros que voan sen presas.


*********************************************************************

XORDE O CAMIÑO DO NAVÍO ESPIDO QUE TRAE CONSIGO A DOR DO SUFRIDO......

No hay comentarios:

Publicar un comentario